Entradas

Mostrando las entradas con la etiqueta Compromiso Actividades

ITINERARIO PERSONALIZADO DE INSERCIÓN (IPI)

Imagen
Quero comezar sinalando que esta publicación vai máis enfocada cara comentar como é o proceso metodolóxico do Itinerario Persoal de Inserción (en adiante "IPI" ), que cara o funcionamento específico do aplicativo de orientación no que se rexistra. Se ben farei algunha referencia a el, vai ser co fin de sinalar onde se ubica cada acción, documento ou formulario que conforman o IPI. Ademais, o aplicativo vai ser definitivamente substituído en breve por outra versión, na  que se recollerán certos cambios, coma a posibilidade de ter varios IPI´s abertos ao mesmo tempo (incluso con distintos orientadores), non comezalo da mesma maneira no aplicativo, os nomes e cantidades das pestanas e outros máis. De todas formas, penso que o aquí comentado vai seguir sendo de utilidade, se ben algúns documentos van ter unha nova denominación e poderán sufrir algún cambio . O documento de "Perfil Profesional" parece que vai manter o seu nome, pero o actual "Compromiso de Acti...