Entradas

Mostrando las entradas con la etiqueta muller

Publicación invitada: A dificultade de ser muller traballadora

Imagen
Sí, é un feito, as mulleres seguimos tendo mais dificultades para encontrar traballo e para mantelo, en comparación cos homes . Este grave problema levámolo arrastrando durante décadas e converteuse nunha das preocupacións mais importantes da economía do noso país. U nha investigación realizada pola Fundación Atenea , fundación con estatus consultivo especial ante o Consello Económico e Social das Nacións Unidas, sacou en conclusión que esta discriminación débese a sexualización do mercado de traballo, tamén chamada división sexual do traballo. Así pois, a integración laboral sigue estando obstaculizada polos tópicos e estereotipos sociales sexistas que se ceban co sexo femenino, polo simple feito de ser muller. A non consecución de un emprego e en consecuencia a de unha estabilidade laboral acarrea unha serie de consecuencias tales como non ter as necesidades básicas cubertas, non poder compartir as  responsabilidades familiares, non poder asumir os gastos, o cal pode le...