Publicación invitada: A dificultade de ser muller traballadora



Sí, é un feito, as mulleres seguimos tendo mais dificultades para encontrar traballo e para mantelo, en comparación cos homes.

Este grave problema levámolo arrastrando durante décadas e converteuse nunha das preocupacións mais importantes da economía do noso país.

Unha investigación realizada pola Fundación Atenea, fundación con estatus consultivo especial ante o Consello Económico e Social das Nacións Unidas, sacou en conclusión que esta discriminación débese a sexualización do mercado de traballo, tamén chamada división sexual do traballo. Así pois, a integración laboral sigue estando obstaculizada polos tópicos e estereotipos sociales sexistas que se ceban co sexo femenino, polo simple feito de ser muller.


A non consecución de un emprego e en consecuencia a de unha estabilidade laboral acarrea unha serie de consecuencias tales como non ter as necesidades básicas cubertas, non poder compartir as  responsabilidades familiares, non poder asumir os gastos, o cal pode levar tamén a problemas de malos tratos, etc.

 
É un secreto a voces que se eres unha moza nova, por exemplo, vas estar no punto de mira por
pretender ter fillos, porque moitos empresarios siguen pensando que ser nai traballadora é igual a unha carga para a empresa.

A pesar da idade, ímonos  encontrar con unha maior incidencia de mobbing, tamén acoso sexual e por suposto discriminación salarial en comparación cos compañeros varóns. Por suposto,  moitos prexuicios á hora de crecer profesionalmente, e xa non digamos se queremos montar unha empresa porque podemos ter problemas para conseguir financiación.

Unha pregunta que creo que a todas as nais nos plantexamos é a de ser nai ou traballar? As mulleres seguimos asumindo maioritariamente o coidado de fillas e fillos e outros familiares dependientes. Por tanto, para moitas mulleres a conciliación da vida personal, familiar e laboral é mais ben unha necesidade que un dereito para poder acceder e manterse nun emprego.


Ata agora a solución que nos daban xeneralmente era sobre o contrato a tempo parcial, pero esta "solución"  o que fai é alargar a desigualdade das mulleres na vida doméstica e profesional, xa que se escolles a opción de  tempo parcial supón cobrar menos e ter menos posibilidades de formación e promoción no traballo. Algo similar ocorre coas reduccións de xornada ou as excedencias por o coidado de fillas/fillos e outros familiares que necesitan coidados.

A conciliación non debería ser a costa do salario e da carreira profesional das mulleres.


Para poder alcanzar a igualdade real de mulleres e homes é imprescindible unha organización do traballo que teña en conta a perspectiva de xénero. Esto significa básicamente que se introduzan medidas de organización mais flexible e racional do tempo de traballo, e que o salario e os sistemas de promoción profesional se basen en aptitudes e méritos non sexan so de forma presencial o cal predomina na nosa cultura empresarial e que tanto prexudicou e segue perjudicando o desenrolo profesional das mulleres.

Esperemos que todo esto cambie pronto.

Para saber mais:
http://www.ib.ccoo.es/comunes/recursos/12/doc22183_Conciliacion_de_la_vida_laboral,_familiar_y_personal._.pdf
/http://www.iebschool.com/blog/desigualdad-laboral-entre-hombres-y-mujeres-relaciones-laborales/

                                                                                                                                Miriam Sampayo
Licencia Creative Commons

Comentarios

Entradas más populares de este blog

RESUMEN MÓDULO 3. María Mora Jaureguialde

REFLEXIÓN SOBRE MÍ PLE, Agustín Bayo Rodríguez

Presentación profesional de María Mora Jaureguialde