O MEU ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE (PLE). MARGARITA VILELA RODRÍGUEZ
QUE É O PLE?
A primeira vez que oín falar sobre o PLE foi no curso de “Competencias TIC para profesores” que realicei a finais do ano 2013. Estas siglas fan referencia ao termo Personal Learning Environment (Entorno Persoal de Aprendizaxe). Segundo o que eu puiden entender naquel momento, e despois da explicación que compartiu con nos durante as clases do “Posgrao en Orientación Laboral”, Carlos Carpaga, o PLE é o conxunto de fontes de información, ferramentas, comunidades de persoas e servizos, os cales empregamos para dirixir o noso propio aprendizaxe, intercambiando e compartindo información e experiencia en Internet.
Dende entón, sigo construíndo o meu PLE día a día, xa que evoluciona e está en cambio constante a medida que as novas tecnoloxías irrompen nas nosas vidas, xeramos novas relacións persoais e desenvolvemos novos intereses.
Gustaríame que puidésedes visionar o seguinte vídeo que no seu momento compartiu con nos a docente do curso como material complementario, e que para min foi imprescindible para entender o PLE fai 4 anos:
Para construír e actualizar o meu PLE, realizo as seguintes accións:
No apartado de subscribirme a blogues, emprego un lector RSS, coñecido co nome de FEEDLY, que me permite recibir nun único lugar todos os artigos que se vaian publicando nos meus blogues favoritos sen ter que visitar a súa páxina web. De seguido, móstrase unha imaxe do meu Feedly:
Para realizar as accións de capturar contido web e escribir no meu blogue, previamente fago unha curación de contidos. Pero, que significa isto?. Trátase dunha técnica que consiste en realizar unha busca, recompilación, filtración e selección da información máis relevante que atopamos en Internet para difundila máis tarde nun blogue ou nas redes sociais. No meu caso, para realizar a curación de contidos, unha das ferramentas que emprego é SCOOP.IT. Na seguinte imaxe aparece o meu Scoop.it:
Ademais desta ferramenta, existen outras como STORIFY, PINTEREST, PEARLTREES, ou PAPER.LI, que tamén son curadores de contidos. A min, persoalmente, gústame Pinterest.
REFLEXIÓN PERSOAL
Eu, non sería capaz de elixir entre Feedly e Scoop.it, xa que ambas son ferramentas cunha finalidade totalmente distinta, polo tanto quedaríame coas dúas. De todas formas, comentaría como un aspecto negativo na ferramenta de Scoop.it, a imposibilidade de deseñar máis dun tópico na versión gratuíta. Considero que isto é un factor limitante no seu uso xeral.Por outra banda, gustaríame reseñar que aínda hai moitas páxinas web que non contan co servizo RSS, co cal, non podemos subscribirnos a elas para recibir a información actualizada no noso lector RSS. Isto supón unha perda de tempo, xa que teremos que ir visitando esas páxinas unha por unha para comprobar se as últimas publicacións realizadas son do noso interese.
Ségueme en Twitter :)
PARA SABER MÁIS
Exemplos de Scoop.it relacionados coa Orientación Laboral:
Exemplos de Pinterest relacionados coa Orientación Laboral e o emprego:
Comentarios
Publicar un comentario