Presentación profesional de Margarita Vilela

Son Margarita Vilela, Xestora de Especialización da Oferta Docente do Campus Terra. 

Aínda que nestes momentos non exerzo como Orientadora Laboral, con anterioridade traballei como Mestra de Xestión Empresarial e Orientación Laboral en dous Obradoiros de Emprego, polo que posúo práctica profesional no desenvolvemento dese posto.

Coa asistencia a este posgrao quero mellorar as miñas competencias como orientadora laboral, xa que é probable que nalgún momento volva a exercer ese posto de traballo.

Nestes intres, que estamos superando unha importante crise económica, é imprescindible o papel do orientador como apoio ás persoas desempregadas ou a aquelas que están buscando unha mellora da súa situación laboral. O contexto socioeconómico actual caracterízase por un elevado número de persoas desempregadas, algunhas cunha ampla formación e experiencia profesional, co cal a competencia á hora de atopar traballo é elevada. Neste senso, é moi importante que as persoas posúan as capacidades necesarias para manexar os distintos recursos que poden empregar na busca de emprego.


O orientador debe saber utilizar as tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs), os portais de emprego, as redes profesionais, os foros e os blogues de profesionais, así como estar ao tanto das noticias actuais do ámbito económico e laboral para informar e/ou usar estas ferramentas coas persoas que orienta. A función principal do orientador é acompañar e motivar á persoa orientada co obxectivo de que desenvolva o seu potencial a nivel profesional.

Esta é a miña nube de intereses profesionais relacionada coa orientación laboral:

Palabras relacionadas coa orientación laboral
A Orientación Laboral


Comentarios

Entradas más populares de este blog

SESIÓN SOBRE ELABORACIÓN DEL PLAN DE NEGOCIO

RESUMEN MÓDULO 3. María Mora Jaureguialde

Publicación invitada: Analizando la opción del autoempleo