RESUMO MÓDULO MARCO CONCEPTUAL – MARGARITA VILELA RODRÍGUEZ
Dende o meu punto de vista, o obxectivo do primeiro módulo do posgrao de Especialización en Orientación Laboral é aportar un marco teórico necesario para o desenvolvemento da labor como orientador/a laboral.
Tema 1 “Marco de referencia da orientación laboral aberta”
Este tema introdúcenos no Sistema Nacional Español de Emprego, que promove e desenvolve a política de emprego en España. Está formado polo SEPE e os Servizos Públicos de Emprego das CCAA. Por unha banda, o SEPE ten as competencias en lexislación laboral, bases e planificación xeral da actividade económica e as Políticas Pasivas de Emprego (prestacións e subsidios por desemprego). Pola contra, os SPE das CCAA teñen competencia no desenvolvemento e execución das Políticas Activas de Emprego (entrevistas de orientación, os cursos de formación, os itinerarios personalizados de inserción,...). Con isto, podemos concluír que a labor orientadora está incluída nas Políticas Activas de Emprego.
A Estratexia Europa 2020, adoptada no Consello Europeo de xuño de 2010, constitúe o novo marco de referencia para a coordinación das políticas económicas e de emprego dos Estados membros da UE.
Tema 2 “O Mercado Laboral”
Concluímos que un orientador laboral ten que coñecer e transmitir información relacionada coa situación social e laboral da contorna na que desenvolve as súas funcións. Ten que dispor polo tanto, de información sobre recursos de emprego, de formación, sociais, administrativos, situación do mercado laboral local, provincial, ... Esta información transmitiralla aos usuarios como parte do coñecemento do mercado laboral concreto no que van a desenvolver e polo tanto adaptar a súa busca de emprego.
O mercado laboral é o ámbito no que empresas e traballadores negocian a cantidade de traballo a intercambiar e a que prezo. Pero como en todo mercado, están presentes dúas variables, a oferta e a demanda, neste caso, de traballo. Cando se consegue o equilibrio no mercado de traballo?. Cando se cruzan a curva de oferta e demanda, polo tanto, neste punto de equilibrio non existiría paro, co cal acadaríase o pleno emprego. Pero, é isto real?. Segundo a escola Keynesiana, o mercado de traballo non está sempre en situación de pleno emprego, senón que pode existir paro, xa que os salarios a curto prazo son ríxidos á baixa. Isto podémolo ver na propia realidade económica que estamos a vivir no noso país, onde estamos a recuperarnos dunha grave crise económica na cal chegamos a ter unha taxa de paro (cociente entre a poboación parada e a poboación activa) do 26% no ano 2013. No II trimestre do ano 2017, segundo a Enquisa de Poboación Activa, a taxa de paro sitúase no 17,22%. Entón, para coñecer a situación da nosa área de influencia, debemos consultar os Indicadores do Mercado que podemos obter a través da EPA, entre os cales están a taxa de emprego, a taxa de actividade e a taxa de paro.
Cando a curva de oferta e a de demanda non se cruzan, prodúcese desemprego. Neste senso, podemos falar de: desemprego estrutural, friccional, cíclico e estacional.
En definitiva, o mercado laboral é cambiante e moi dinámico, o que provoca a desaparición dalgúns traballos e a aparición doutros. A mediados dos 90, aparece o concepto de Novos Xacementos de Emprego. Con este nome coñecíanse aquelas actividades que posuían unha maior capacidade de potenciar novos empregos. Naqueles momentos, o Libro Branco de Delors dicía que había 4 grandes grupos de actividade ocupacional cualificados como Novos Xacementos de Emprego que eran os seguintes: servizos da vida cotiá, servizos á mellora da calidade de vida, servizos de lecer e servizos medio ambientais.
En definitiva, o mercado laboral é cambiante e moi dinámico, o que provoca a desaparición dalgúns traballos e a aparición doutros. A mediados dos 90, aparece o concepto de Novos Xacementos de Emprego. Con este nome coñecíanse aquelas actividades que posuían unha maior capacidade de potenciar novos empregos. Naqueles momentos, o Libro Branco de Delors dicía que había 4 grandes grupos de actividade ocupacional cualificados como Novos Xacementos de Emprego que eran os seguintes: servizos da vida cotiá, servizos á mellora da calidade de vida, servizos de lecer e servizos medio ambientais.
Para acceder ao mercado laboral, podémolo facer traballando por conta propia ou por conta allea. A situación económica que estamos atravesando na actualidade, non é atractiva para proxectos de emprendemento, pero por outra banda, é unha maneira de escaparse da dependencia dun mercado laboral que destrúe moito emprego. Pola contra, traballar por conta allea supón traballar nunha empresa privada, nunha empresa pública ou na Administración Pública, co cal atopámonos nunha situación de dependencia da oferta ou non de postos de traballo por parte destas entidades.
Tema 3: “Certificación e Formación Profesional”
Observamos que dentro da labor dunha persoa que traballa como orientadora laboral está coñecer os distintos conceptos relacionados co mundo laboral, e que moitas veces téndese a usalos de forma incorrecta. Estou falando concretamente dos termos cualificación profesional e competencia profesional, que grazas ás explicacións de Elena González durante a súa clase, quedáronnos totalmente claros. Segundo as súas definicións, dise que unha persoa está cualificada cando no seu desempeño laboral, obtén os resultados esperados, cos recursos e o nivel de calidade debido. Pola contra, dicimos que unha persoa é competente, cando nos referimos á gama completa dos seus coñecementos e as súas capacidades no ámbito persoal, profesional ou académico, adquiridos por diferentes vías e en todos os niveis, do básico ao máis alto.
O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP), ten como obxectivo identificar cales son as competencias requiridas para o emprego, tanto as profesionais técnicas como as clave. A cada cualificación asígnaselle unha competencia xeral, na que se definen brevemente as labores e funcións esenciais do profesional. As cualificacións agrúpanse en 26 familias e 5 niveis. A unidade mínima acreditable é a unidade de competencia, e cada unidade de competencia ten asociado un módulo formativo. A acumulación da totalidade das unidades de competencia dá lugar ao Título de Formación Profesional ou ao Certificado de Profesionalidade. O obxectivo dos certificados de profesionalidade é dar resposta ás necesidades da sociedade do coñecemento, baseada na competitividade, a empregabilidade, a mobilidade laboral e o fomento da cohesión e a inserción laboral. Son o instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais do CNCP no ámbito da administración laboral. Permitirá certificar, de maneira homoxénea, as competencias profesionais dos traballadores, que teñan sido adquiridas desde a experiencia profesional, a formación profesional para o emprego ou a formación profesional inicial.
Tema 4: “Política social e de emprego na Unión Europea”
Un orientador precisa manexar recursos relacionados coa orientación laboral e profesional en Europa, xa que pode ter usuarios interesados en ir a traballar ou a facer prácticas a outro país dentro da UE.
Neste senso, precisa coñecer os seguintes servizos: EURES, EPSO, EURAXESS, EUROPASS e EURYDICE.
EURES é un portal europeo de mobilidade profesional.
EPSO é un servizo interinstitucional responsable da selección de persoal para todas as institucións e axencias da UE.
EURAXESS é un portal europeo que ofrece servizos de información e apoio a investigadores profesionais.
EUROPASS son 5 documentos que axudan ás persoas a presentar as súas capacidades e cualificacións dunha maneira sinxela e facilmente comprensible en toda Europa: o CV, o Pasaporte de Linguas, o documento de Mobilidade EUROPASS, o suplemento ao título de Técnico ou ao Certificado de Profesionalidade e o Suplemento ao título superior.
EURYDICE é unha rede que ten como tarefa explicar como se organizan os sistemas educativos en Europa e como funcionan.
Tema 5: "A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral"
Entre as labores dun orientador está a de asesorar en materia de autoemprego aos seus usuarios, no caso de que o soliciten, xa que outra alternativa ao desemprego, ademais de traballar por conta allea, é a creación do propio posto de traballo.
Aínda que nestes momentos estamos a recuperarnos da grave crise económica que golpeou ao noso país, a situación para emprender é mellorable, tanto dende o punto de vista do financiamento, como dende o proceso de fortalecer o emprendemento a través da educación e a formación, xa que hai unha notable ausencia de cultura emprendedora de base no noso país.
A situación actual de desemprego que estamos a vivir, forza ás persoas a emprender, co cal as empresas nacen cuns baixos estándares de calidade, sen responder realmente a unha oportunidade de negocio, o que condiciona a súa supervivencia no mercado. Para evitar esta situación, todo proxecto empresarial debe constar de 3 fases que deben ser ben analizadas:
- A idea empresarial: responderá á pregunta QUE?.
- O plan de empresa: responderá á pregunta COMO?
- A persoa emprendedora e os motivos: responderá ás preguntas QUEN? e POR QUE?
Para que xurda a idea, non fai falla ser un inventor, senón innovador e creativo. Toda idea de negocio convértese nunha oportunidade cando responde ás preguntas anteriores.
En canto á persoa emprendedora, esta tense que sentir motivada a emprender, ter capacidade de sacrificio e tenacidade.
O plan de empresa é un documento no que se reflexiona sobre a idea de negocio, para que se converta nun proxecto empresarial concreto, e do cal se extrae se a empresa vai a ser viable ou non. Trátase dunha ferramenta de comunicación, tanto interna como externa. Para realizar esta parte, contamos co modelo CANVAS, que é unha ferramenta cualitativa proposta por Alexander Osterwalder utilizada para confeccionar deseños empresariais.
En todo caso, as tarefas da persoa orientadora irán encamiñadas a guiar ao/á emprendedor/a durante as fases de creación da empresa. Na 1ª Fase, a de xestación, o orientador coñecerá o proxecto, indagará as súas necesidades, explicará o alcance do traballo, axudará a validar a idea e as habilidades emprendedoras. Na 2ª Fase, análise, deberá titorizar a elaboración do plan de empresa, axudar na análise económica e financeira para determinar a viabilidade do proxecto, asesorará na posta en marcha do proxecto. Durante a 3ª Fase, posta en marcha, o orientador manterá contacto coa potencial persoa emprendedora, e neste momento, finalizará a súa tarefa como orientador co emprendedor, co cal, xa non participará na 4ª Fase de consolidación.
Reflexión Persoal
Sígueme en Twitter :)
Para saber máis:
Rede EURES
EPSO
EURAXESS
EUROPASS
EURYDICE
Me gusta la posibilidad de leer articulos útiles como este! Gracias!
ResponderBorrarOs recomiendo la mejor farmacia para comprar medicamentos online como esteroide Androgel para salud masculina: https://seasano.net/androgel-testosterona