RESUMO MÓDULO 3 MARCO INSTRUMENTAL - MARGARITA VILELA RODRÍGUEZ

O terceiro módulo que forma parte do Posgrao de Orientación Laboral, chámase Marco Instrumental, o cal consta de 6 temas. 
  • Tema 11: A intermediación laboral
  • Tema 12: Os itinerarios de inserción
  • Tema 13: Os procesos individuais de orientación laboral e axuda na toma de decisión
  • Tema 14: A análise de perfís profesionais e prospección de emprego
  • Tema 15: Técnicas e ferramentas para o acceso ao autoemprego
  • Tema 16: A elaboración do plan de empresa.
Elaboración Propia

TEMA 11

Tratamos a intermediación laboral, e está previsto que debemos coñercer ou ser capaces de: 
  • Xestionar os factores que en cada caso están a dificultar o acceso ao emprego, e as claves no deseño de desenvolvemento das accións destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas en situación de dificultade social.
  • Orientar e informar a os nosos/as usuarios/as sobre os recursos para mellorar a súa empegabilidade.
Para lograr isto, ao longo do tema vimos que o o SPEG ofrece, a través da súa rede de Oficinas de Emprego, atención personalizada ós traballadores para a intermediación na mellora e calidade da súa inserción laboral e ós empresarios a ser atendidos da forma máis adecuada posible para atopar ós traballadores co perfil adecuado para cubrir os postos de traballo que oferten, con toda a celeridade e eficacia posible para que o resultado da xestión sexa o desexado.

O sistema de intermediación laboral baséase nas ofertas de emprego que son as solicitudes de traballadores presentadas na Oficina de Emprego polos empresarios con indicación de perfil do posto e condicións de traballo máis adecuadas as suas necesidades.

Para levar a cabo a creación de ofertas de emprego o empresario comunica a necesidade de cubrir un posto de traballo aportando os seus datos como empresa (C.I.F e Número de cotización á seguridade social) así como unha serie de datos relativos ó tipo de posto a cubrir e os requisitos que han de cumprir os posibles candidatos ó posto de traballo. Posteriormente a oficina de emprego encárgase de comunicar ó empresario unha serie de candidatos para a súa posible selección. Todo este proceso é o que se engloba baixo o término de Tramitación das ofertas de emprego.

Tamén é obligación da oficina de emprego dar información sobre as diferentes modalidades de contrato así como das medidas de fomento de emprego e a súa tramitación.

TEMA 12

Aquí estudamos os itinerarios de inserción. Marcáronse como obxectivos que debemos coñecer ou ser capaces de:
  • Deseñar distintos itinerarios persoalizados de inserción, tendo en conta as características da persona demandante.
  • Profundizar no coñecemento das novas ferramentas informáticas de apoio do SPEG
Un itinerario de inserción é un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios e usuarias que participan no mesmo, especialmente a través da información e o asesoramento individual e grupal e coa participación doutras áreas do campo da inserción sociolaboral.

Durante a realización dun IPI, o profesional da orientación axudará ao usuario do servizo a deseñar un documento no que se recollan todas aquelas actuacións que se consideren máis convenientes para que consiga o seu obxectivo profesional, tendo en conta as súas circunstancias persoais, de formación e de contexto xeográfico.

Imaxe extraída do Manual do Tema 12 do POLAB

O IPI consta dun total de cinco fases:
  1. Recepción e acollida. Nesta primeira fase, búscase coñecer as necesidades do usuario e expectativas, ofrecendo ademáis, información sobre os servizos e programas dispoñibles no SPEG.
  2. Recollida de información e análise. O persoal de orientación recollerá e analizará os seus datos curriculares e a súa dispoñibilidade para o emprego, valorará a súa posición ante o mercado de traballo e axudaralle a identificar un obxectivo profesional.
  3. Definición do itinerario de inserción. De acordo co usuario, o profesional da orientación definirá o conxunto de programas, servizos, técnicas, estratexias e actividades ofertadas pola polo SPEG e outros organismos nos que poderá participar. O Itinerario quedará reflectido nun documento, que servirá para realizar o seguimento das accións que vaia desenvolvendo.
  4. Desenvolvemento e seguimento do itinerario. Durante a fase de desenvolvemento, poderá realizar as actuacións definidas no seu IPI, podendo ao longo dese tempo redefinilas, complementalas ou adaptalas en función das oportunidades de emprego que xurdan ou da avaliación do proceso.
  5. Finalización e avaliación do itinerario. Antes de proceder á finalización dun itinerario, avalíanse os resultados obtidos tendo en conta os obxectivos alcanzados. Unha vez realizada dita avaliación, o profesional da orientación responsable da súa apertura e seguimento será o encargado de rexistrar a finalización do IPI.


TEMA 13

Neste tema analizamos os procesos individuais de orientación e axudas na toma de decisións. Ao finalizar este tema, deberíamos ser capaces de:
  • Aplicar as técnicas axeitadas para realizar con éxito as entrevistas de orientación laboral.
  • Aplicar as técnicas axeitadas para realizar con éxito as entrevistas de selección de persoal.
  • Dotar a os usuarios dos coñecementos necesarios para mellorar a súas posibilidades a hora de afrontar unha entrevista persoal.
  • Coñecer como é o marco da orientación laboral en Europa, semeñanzas, diferenzas e as tendenzas.
“La orientación es el proceso de ayuda a los individuos encaminado a dotarles de recursos que le permitan un conocimiento de sí mismo, de las oportunidades laborales a su alcance y, en consecuencia, una toma de decisiones consciente dirigida hacia su realización personal y social, mediante el desempeño de una profesión.” (Rodríguez Diéguez, A.)

A entrevista de orientación laboral é un proceso de comunicación entre o orientador e o orientado, que ten como obxectivo determinar a adecuación do candidato a un determinado posto de traballo.

Neste senso, as funcións do entrevistador son: avaliar se a persoa candidata é válida para un posto, comprobar as informacións máis relevantes para o posto e obter información complementaria, valorar actitudes, motivación e interese polo traballo e dispoñibilidade, e por último, avaliar a coherencia entre a súa situación, as súas expectativas e o desempeño do posto de traballo.

Existen 3 tipos de entrevistas de orientación laboral:
  • Dirixida: o entrevistador fai preguntas concretas e específicas ao entrevistado, dándolle pouca marxe para as respostas.
  • Semidirixida: o entrevistador fai preguntas concretas, pero deixando algunhas abertas nas que o entrevistado pode expoñer o tema de maneira libre e espontánea. 
  • Grupal: convócanse entre 6 e 10 persoas candidatas, faise unha simulación de situación grupal na que se ha de debater un tema para chegar a unhas conclusións. Desta forma, obtense información sobre a capacidade de relación e comportamento dos candidatos/as nun grupo.
Esta entrevista ten varias partes: presentación, desenvolvemento (formación, experiencia profesional, avaliación de coñecementos, motivación, antecedentes persoais e familiares, autovaloración e conclusións) e peche da entrevista.

TEMA 14

Neste tema facemos unha análise de perfís profesionais e prospección de emprego. Ao finalizar este tema, deberíamos ser capaces de:
  • Realizar unha análise de postos de traballo de forma efectiva e transmitir o devandito coñecemento aos usuarios de forma efectiva.
  • Coñecer algúns dos novos perfís profesionais que xorden nos últimos días no noso ámbito máis inmediato.
  • Coñecer o marco teórico de toda prospección empresarial, coñecer as características máis importantes de cada unha das súas fases así como identificar as máis importantes fontes de información do ámbito Galego.
Os cambios constantes do mercado de traballo dificúltannos coñecer o contido dos postos de traballo aos que queremos optar, valorar se contamos coas competencias necesarias para traballar no que queremos, se nos serve a experiencia que xa posuímos, se necesitamos algún título, certificado ou carné profesional para realizar un determinado traballo… 

Do mesmo xeito, cando buscamos emprego, necesitamos coñecer como son os sectores produtivos e as súas empresas, cales son os postos de traballo nos que se está xerando emprego e os lugares onde se atopan, etc. 

A orientación laboral axúdanos neste proceso de procura e análise de información sobre o mercado de traballo e na elaboración do noso currículo para adaptalo mellor aos requirimentos do posto de traballo que buscamos. Adéstranos nos procesos de selección que imos realizar cando aspiramos a un emprego. Axúdanos a elaborar o noso itinerario formativo profesional para poder adquirir, manter e actualizar as nosas competencias profesionais.

A prospección de mercado laboral é unha ferramenta básica para a inserción laboral das persoas que están en situación de desemprego. O técnico que realiza as funcións de prospección laboral analiza o mercado de traballo e elixe os sectores e empresas aos que poden acceder os usuarios dos servizos de inserción e orientación laboral, segundo a súa bagaxe competencial e as súas potencialidades.

A prospección é unha ferramenta de achegamento entre as empresas e as persoas que buscan traballo.

Podemos identificar diferentes fases nun proceso de prospección de empresas:
  • Preparatoria: definir os obxetivos e a misión da prospección
  • Planificación: identificación das empresas a prospectar, creación de bases de datos, preparación de material e documentación a achegar, e difusión das actividades a realizar dentro do plan de comunicación e/ou marketing.
  • Traballo de Campo: interacción e intercomunicación entre prospector/a e empresa, así como, a toma de decisións en función da finalidade mesma da prospección.
  • Avaliación e seguimento: analizar a información recollida e buscar solucións ou satisfacer as necesidades detectadas.

TEMA 15

Neste tema estudamos as técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e ao autoemprego. Ao finalizar este tema, deberíamos ser capaces de:
  • Identificar ferramentas e técnicas utilizadas polos e polas orientadores/as para, formar a usuarios/as no seu labor de busca de emprego.
  • Coñecer as características e aspectos clave que debe considerar calquera profesional da orientación na utilización destas.
  • Coñecer os recursos máis relevantes en Galicia para o acceso ao autoemprego.
A persoa demandante de emprego, debe coñecer os instrumentos e adquirir as habilidades necesarias que lle posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como dispoñer dos recursos teórico prácticos básicos para afrontar os procesos de selección con maiores posibilidades de éxito.

Na seguinte imaxe, podemos ver as fases do proceso de selección dende o ámbito tanto da persoa candidata, coma dende o da empresa:

Imaxe extraída do manual do Tema 15 do POLAB

As ferramentas que ten que manexar unha persoa que está en proceso de busca de emprego son: as canles de procura de traballo, o CV, a Carta de Presentación, as entrevistas e probas de selección, os recursos para o autoemprego (no caso de que decida dirixirse a crear o seu propio posto de traballo).

TEMA 16

Neste tema estudamos o Plan de Empresa. Ao finalizar este tema, deberíamos ser capaces de:
  • Redactar un plan de empresa para asesorar aos nosos orientados en canto ao autoemprego.
O Plan de Empresa é un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio, examina a viabilidade técnica, económica e financeira do mesmo e desenvolve todos os procedementos e estratexias necesarias para converter a citada oportunidade nun proxecto empresarial concreto. 

É unha ferramenta imprescindible cando se quere poñer en marcha un proxecto empresarial, sexa cal for a experiencia profesional do promotor ou promotores e a dimensión do proxecto.

A elaboración dun Plan de Empresa esixe unha serie de recomendacións mínimas que afectan a aspectos formais do mesmo como vocabulario, estrutura, contido ou a propia presentación do documento. O seguimento destas recomendacións é moi importante xa que o Plan de Empresa vai ser a carta de presentación dun proxecto.

O modelo de plan de empresa que Fernando Agulló nos recomendou empregar, ten os seguintes apartados, aínda que existen tamén outros que se poderían utilizar:
  • Introdución
  • Estudo de mercado
  • Plan Comercial
  • Plan de Organización e RRHH
  • Aspectos Legais
  • Estudo Económico-Financeiro
  • Conclusións: viabilidade
  • Resumo Executivo
  • Anexos
Hai algo do cal non debemos olvidarnos nunca, que é da Análise DAFO do noso proxecto empresarial. Trátase dunha análise periódica de reflexión sobre aspectos internos (fortalezas a potenciar, e debilidades a superar ou minimizar), así como aspectos externos (ameazas a evitar, e oportunidades a aproveitar). O obxecto é comprender cales son os factores claves do éxito, determinar o posicionamento no seu contorno competitivo e deseñar a estratexia que lle proporcione a vantaxe competitiva.

Imaxe extraída do Manual do Tema 16 do POLAB

VALORACIÓN PERSOAL

Este foi o módulo máis atractivo, dende o meu punto de vista, en canto a afrontar o traballo de orientador laboral, xa que toca todos os aspectos que ten que manexar esta figura no desempeño do seu posto de traballo. 

A intermediación laboral está directamente ligada ao proceso de orientación laboral, xa que a efectos do Sistema Nacional de Emprego, a intermediación no mercado de traballo realizarase a través dos servizos públicos de emprego. das axencias de colocación e daqueloutros servizos que regulamentariamente se determinen para os traballadores no exterior. Trátase do conxunto de accións que teñen por obxecto poñer en contacto as ofertas de traballo cos traballadores que buscan un emprego, para a súa colocación. A intermediación laboral ten como finalidade proporcionar aos traballadores un emprego adecuado ás súas características e facilitar aos empleadores os traballadores máis apropiados aos seus requirimentos e necesidades.

Por outra banda, temos o IPI (itinerario personalizado de inserción),  que é un proceso de orientación cunha duración e fases preestablecidas que ten como finalidade a inserción da persoa no mundo laboral. O técnico orientador, é o que desenvolve o IPI, e nestes momentos, todas as persoas temos dereito a que nos abran un IPI, cousa que antes non ocorría.

Entre as labores do orientador está tamén a de axudar neste proceso de procura e análise de información sobre o mercado de traballo e na elaboración do noso currículo para adaptalo mellor aos requirimentos do posto de traballo que buscamos.

En canto ao autoemprego, considero que a persoa máis axeitada para axudar ao emprendedor, é a figura do Técnico Local de Emprego, xa que ten un perfil máis economicista e empresarial, e polo tanto, coñece o procedemento para a elaboración dun plan de empresa. Pola contra, non creo que un orientador, esté preparado para botar unha man á hora de redactar o plan de empresa, por iso é moi importante a premisa de saber derivar aos nosos usuarios no momento no que cremos que non podemos axudalos, en canto a este aspecto.

Ségueme en Twitter

PARA SABER MÁIS


Comentarios

Entradas más populares de este blog

SESIÓN SOBRE ELABORACIÓN DEL PLAN DE NEGOCIO

RESUMEN MÓDULO 3. María Mora Jaureguialde

Publicación invitada: Analizando la opción del autoempleo